Encontro do Arcebispo cos sacerdotes ordenados nos últimos 6 anos e os delegados para o clero

O día 14 desde as 11:00hs tivo lugar o encontro do Arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, cos sacerdotes ordenados nos últimos 6 anos e os delegados para o clero.

Unha mañá gozosa e fraterna que, nesta ocasión, desenvolveuse a carón do Palacio arcebispal, dependencias que D. Francisco mostrounos moi amablemente.

Finalizada a visita, recollémosnos no incomparable marco que ofrece o templo da Corticela, onde rezamos hora intermedia e o pastor dirixiunos unha fermosa meditación.

A continuación D. Francisco Buíde mostrounos algúns “tesouros” do Arquivo Catedralicio. Unha ocasión única para contemplar de preto uns belos facsímiles, ademais dalgunhas xoias como o Códex Calixtinus.

Unha comida compartida foi o colofón a un día fraterno que concluíu coa oración na capela particular dun Pastor moi próximo que nos abre as súas portas e nos alenta na súa entrega.

Víctor Blanco Naveira
Delegado para el clero

Previous articleConfirmacións na Parroquia de Coiro
Next articleHomenaxe dos fregueses da Ría de Muros e Noia a mons. Prieto