O 30 de decembro, a catedral compostelá acolle a celebración litúrxica da Translación do Apóstolo Santiago, que preside o Arcebispo, Monseñor Julián Barrio. Nela conmemórase o traslado do corpo do Apóstolo Santiago o Maior, desde Xaffa (Palestina) ata Galicia, para recibir sepultura no lugar no que hoxe se levanta a catedral. Durante a misa ten lugar a tradicional Ofrenda Nacional, por parte do Excmo. Sr. Delegado Rexio, nesta ocasión D. Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia.












