Festa de Santa Tareixa de Xesús

Hoxe, 15 de outubro, festa de Santa Tareixa de Xesús, o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto Fernández, presidiu a Santa Misa na igrexa do convento dos Carmelitas en Santiago de Compostela.

Na súa homilía, o arcebispo destacou o profundo sentido de pertenza de Santa Tareixa á Igrexa e a súa plena confianza no Señor: “O don de Deus leva, comunícase, entrégase. Fai da nosa vida doazón, fai da nosa vida un don de Deus para os irmáns”, afirmou monseñor Prieto, dirixíndose á comunidade carmelita.

Pola tarde, ás 18:30h, o arcebispo presidirá tamén a celebración eucarística no Mosteiro de Carmelitas descalzas da Coruña

Previous articlePresentación da UPA de Carballo: "Sintámonos invitados a facer un camiño xuntos”
Next articleXornada Diocesana de Santuarios e Piedade Popular