Monseñor Julián Barrio presidiu a cerimonia relixiosa da Función do Voto en A Coruña

O Arcebispo de Santiago, Monseñor Julián Barrio, presidiu este domingo na Igrexa de San Domingos da Coruña a cerimonia relixiosa da Función do Voto.

Este acto celébrase desde a heroica e milagrosa vitoria coruñesa sobre o pirata Francis Drake, en 1589. A cidade da Coruña encomendouse naquel momento á Virxe do Rosario para resistir ao invasor, e desde entón réndelle homenaxe cada ano neste tradicional agradecemento público.

Tradicionalmente, corresponde aos máximos responsables do Concello facer a ofrenda municipal á Patroa da cidade. Nesta ocasión, o encargado de renovar os votos por parte do concello foi o concelleiro de Educación, Jesús Celemín.

Ofrenda por el futuro

Celemín saudou no inicio ás persoas asistentes no nome da alcaldesa, Inés Rey, de quen dixo, “fago miñas as súas palabras”. O edil pediu no seu voto “polo futuro desta cidade.

Fonte: Cope

 

Previous articleNota dos Bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago ante a Xornada Interdiocesana de Ensinanza Relixiosa
Next articleO arzobispo preside este venres a Misa de san Xoán de Ávila na Catedral compostelá