- O arcebispo de Santiago presidiu o momento de oración comunitaria
- A ponencia central abordou a importancia deste servizo na vida parroquial
Este venres 17 de abril celebrouse o Encontro de Sancristáns do Arciprestado de Postmarcos, unha cita que reuniu a preto de 90 participantes nunha xornada marcada pola reflexión, a formación e o intercambio fraterno.
O programa comezou ás 11.30 horas coa acollida dos asistentes, dando paso ao relatorio principal ás 12.00. Baixo o título “A figura do sancristán”, Don Agustín Dosil ofreceu unha intervención centrada no valor e a responsabilidade deste servizo dentro da vida parroquial, destacando o seu papel como apoio esencial na liturxia e no funcionamento cotián das comunidades.
Ás 13.30 horas tivo lugar un momento de oración, presidido polo arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández.
A xornada finalizou ás 14.15 horas cun xantar compartido, que serviu como momento de convivencia entre os asistentes e favoreceu o intercambio de experiencias nun ambiente distendido.













