A parroquia de Boimorto viviu este sábado 18 de abril, ás 12.00 horas, unha xornada especialmente significativa coa celebración do sacramento da Confirmación, nunha Eucaristía presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández.
Durante a cerimonia, o prelado confirmou a un grupo de mocidade que culminaron o seu proceso de preparación catequética, recibindo así o Espírito Santo nun momento considerado fundamental no seu camiño de fe.

A celebración contou coa presenza do polo párroco Mario Agustín Pérez Moya, unha ampla participación de familiares, padriños, catequistas e membros da comunidade parroquial, quen arroupou aos confirmandos neste paso clave da súa vida cristiá.
Na súa homilía, o arcebispo dirixiu palabras de agradecemento a catequistas e familias, destacando o seu papel na transmisión da fe. Así mesmo, animou a mocidade para vivir o seu compromiso cristián de xeito activo e persoal.













