O equipo de catequese de Galicia aborda os retos pastorais na súa reunión ordinaria en Santiago

  • O encoentro tivo lugar no Mosteiro de San Martiño Pinario.
  • Os delegados diocesanos analizaron a reorganización territorial e o papel do catequista.
  • O arcebispo de Santiago acompañou a sesión de traballo e reflexión.

O equipo de catequese de Galicia celebrou este venres 17 de abril a súa reunión ordinaria no Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela, onde os delegados de catequeses das distintas dioceses déronse cita para abordar diversos aspectos clave da acción pastoral.

Durante o encontro, os participantes reflexionaron sobre a catequese no contexto da nova distribución territorial da pastoral, así como sobre o desenvolvemento e recoñecemento do ministerio do catequista. Así mesmo, púxose de relevo a importancia do catecumenado bautismal de adultos como un proceso fundamental na vida da Igrexa.

A reunión tamén serviu para avanzar na preparación da próxima asemblea rexional de catequistas e na programación da catequese de cara ao próximo curso pastoral, co obxectivo de responder os desafíos actuais desde unha perspectiva coordinada.

No transcurso da xornada, os delegados recibiron a visita do arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, quen compartiu cos asistentes este espazo de traballo e reflexión.

Previous articleO arcebispo de Santiago continúa a súa axenda pastoral na diocese cun encontro en Faro
Next articleEncontro de sacristáns do Arciprestado de Postmarcos