O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, tivo un encontro cos peregrinos do “Camiño sobre rodas”. Organizado pola Orde de Malta de España, voluntarios acompañan a Santiago de Compostela a persoas con discapacidade.
Nesta segunda edición deste ano, do total de cinco, foron catro os peregrinos acompañados de dezaseis voluntarios, entre os que se atopaban de nacionalidade española, francesa, italiana e holandesa.
Ao recibimento acudiron tamén os voluntarios da Orde de Malta de Portugal, que esta semana están a prestar servizo na catedral e no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino
Neste centro recibiron a súa “compostela” ao cumprir as súas condicións. Pola tarde participaron como viñeron facendo en todas as edicións, na Misa do Peregrino