Na presentación de "As Idades do Home", mons. Prieto destaca que a hospitalidade e a peregrinación van da man

  • “Hospitalitas” unirá Galicia e Castela e León a través do patrimonio
  • A XXVII edición de As Idades do Home celebrarase entre xuño e novembro na Catedral de Santiago e o mosteiro de San Martiño Pinario.
 A Fundación As Idades do Home presentou os detalles da súa XXVII edición que neste 2024 celebrarase de maneira compartida entre a localidade leonesa de Villafranca del Bierzo e Santiago de Compostela. Esta exposición estenderase desde xuño ata novembro.
A cripta do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago e o mosteiro de San Martiño Pinario acollerán ao redor de 170 obras chegadas desde as dioceses de Galicia e Castela e León, así como de museos nacionais e rexionais, galerías e coleccións privadas, mesmo de procedencia estranxeira. Todas elas formarán parte dos 9 ámbitos comisariados por Daniel C. Lorenzo e Ramón Yzquierdo, directores xeral e técnico – respectivamente- da Fundación Catedral de Santiago.
O acto de presentación tivo lugar na igrexa de Santo Domingo de Bonaval, participou o Arcebispo de Santiago, Mons. Francisco José Prieto quen afirmou que a hospitalidade e a peregrinación van da man, “porque o peregrino e o que camiña sabe o que é sentirse albergado, acollido”.
Mons. Prieto destacou tamén que As Idades é a expresión da persoa que, en cada momento da historia, “vai facendo camiño tamén e cun sentido profundo nese horizonte da fe”. E engadiu que “falar de camiño, falar de meta, falar de hospitalidade, falar de home que se pon en camiño, é pensar que temos aínda unha esperanza que albergamos como humanidade e iso eu creo que a exposición das Idades do Home vai facer posible”.

 

Tamén interviñeron o conselleiro de Cultura, Lingua e Mocidade, José López Campos; Ramón Yzquierdo, Comisario de Hospitalitas; e o secretario xeral da Fundación As Idades do Home, José Enrique Martín Lozano.o.
Previous articleClausura do ano académico 2023-2024
Next articleFesta de María Auxiliadora en A Coruña