Na tarde deste xoves, 23 de maio, tivo lugar o acto de clausura do ano académico 2023-2024 coa celebración da Eucaristía na capela do Seminario Maior ás 19:00hs., presidida polo arcebispo de Santiago,mons. Francisco José Prieto, acompañado polo bispo de Mondoñedo-Ferrol, mons. Fernando García, así como por un numeroso grupo de sacerdotes.
Acto seguido, deu comezo o acto de peche académico na aula Magna do ITC onde os alumnos saíntes do curso de Bienio xunto a estudantes do quinto ano de formación teolóxica, pronunciaron unhas palabras de agradecemento despois destes anos de formación.