Festa de María Auxiliadora en A Coruña

A parroquia de María Auxiliadora da Coruña, atendida pola Comunidade Salesiana do Colexio Salesiano de San Xoán Bosco, celebrou hoxe, 24 de maio, un día sinalado no seu calendario: a festa de María Auxiliadora, coñecida tamén como María “Auxilio dos Cristiáns”.

A celebración que foi presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, ao termo da cal tivo lugar unha procesión polas rúas máis próximas ao templo.

Trátase dunha das advocacións marianas máis populares, que aínda que é antiquísima e está ancorada en importantes acontecementos históricos, a súa devoción experimentou un novo e enorme florecemento grazas ao impulso de San Xoán Bosco, quen a colocou no centro da súa obra.

Previous articleNa presentación de "As Idades do Home", mons. Prieto destaca que a hospitalidade e a peregrinación van da man
Next articleConfirmacións na Parroquia de San Xoán de Vista Alegre