@archicompostela Inauguración del curso académico 2025-2026 del Seminario Menor la Asunción de la Archidiócesis de Santiago de Compostela #archicompostela #monsfranciscoprieto
Neste sentido, citando a Escritura, o prelado compostelán subliñou a importancia de vivir con xustiza, piedade, fe, amor, paciencia e mansedumbre: actitudes que constrúen persoas e comunidades.
As súas palabras foron tamén unha chamada á esperanza e á fraternidade, lembrando a tantos nenos e nenas do mundo que sofren as consecuencias da guerra e que non poden estudar en liberdade. Convidou a mirar ao compañeiro non como rival senón como irmán, a construír comunidade e a vivir cada xornada do curso como un agasallo.
Ao finalizar a celebración, o arcebispo bendixo dúas aulas recentemente renovadas, dotadas de tecnoloxía moderna, novo mobiliario e melloras no acondicionamento, símbolo do esforzo constante por ofrecer unha educación actualizada e acolledora.
A xornada culminou cunha comida de confraternidade de toda a comunidade educativa.
Nunha entrevista recente, o reitor do Seminario Menor, José Manuel Taibo, expresou a súa satisfacción polo incremento do alumnado —112 estudantes en secundaria, 104 en primaria e 60 en infantil—, froito dun traballo conxunto entre a Casa do Neno e o Seminario Menor. “É unha alegría polo traballo realizado ao longo do ano pasado, pero tamén un estímulo para seguir avanzando”, asegurou. O reitor destacou a importancia dos proxectos compartidos, como a participación das familias, a mellora das instalacións e a creación do novo comedor escolar previsto para o próximo mes de maio.
Máis aló das cifras, Taibo insistiu no valor diferencial da proposta educativa: unha formación integral, aberta, que combina aprendizaxe académica con valores cristiáns e acompañamento vocacional. “Somos un centro de portas abertas, e queremos seguir sendo coñecidos na nosa diocese pola nosa oferta educativa e polo traballo en valores”, subliñou.
O curso comezaba, pois, baixo un aire de ilusión serena e compromiso compartido. As palabras do arcebispo, a homenaxe a Castelao e os novos proxectos converteron a inauguración nunha festa da comunidade educativa. No Seminario Menor da Asunción, como quedou patente hoxe venres, cada setembro é unha semente, unha promesa de futuro que brota co esforzo de todos.















