O Colexio Seminario Menor A Asunción abre as súas portas e presenta o seu modelo educativo baseado en innovación e valores

O Colexio Seminario Menor A Asunción celebrou este luns 23 de marzo unha xornada de portas abertas dirixida a familias e futuros estudantes, na que deu a coñecer a súa proposta educativa e a contorna que o consolidou como un centro de referencia en Galicia.
Con preto de 75 anos de traxectoria, a institución soubo adaptarse co paso do tempo, evolucionando desde as súas orixes relixiosas cara a un modelo que integra formación académica, desenvolvo persoal e orientación vocacional, situando o alumnado no centro da aprendizaxe.
No acto de benvida, o reitor, José Manuel Taibo, puxo en valor a historia do centro e destacou o momento positivo que atravesa actualmente. Subliñou, ademais, a aposta por unha metodoloxía baseada en proxectos, que impulsa a creatividade, o traballo colaborativo e a adquisición de habilidades útiles para a vida cotiá.
O evento contou tamén coa intervención do equipo docente, que explicou en detalle a oferta educativa e as metodoloxías empregadas. O profesorado incidiu en que a formación que ofrece o colexio non se limita ao académico, senón que busca o crecemento integral do alumnado en todas as súas dimensións: intelectual, persoal e espiritual.
O alumnado toma a palabra: experiencias que marcan
Un dos momentos máis significativos da xornada foi a participación dos propios estudantes, quen compartiu as súas experiencias no centro. Os seus testemuños reflectiron o impacto do modelo educativo no seu desenvolvemento, así como a importancia do acompañamento próximo do profesorado, que combina esixencia académica con apoio presoal.

Unha contorna completa para aprender e crecer

O Colexio Seminario Menor A Asunción dispón de amplas instalacións que superan os 40.000 metros cadrados, incluíndo aulas equipadas, laboratorios, espazos de música e informática, obradoiros tecnolóxicos, biblioteca, zonas de estudo e lecer, alén de instalacións deportivas cubertas e ao aire libre. Así mesmo, conta con residencia, ofrecendo atención continua e espazos adaptados ás necesidades do alumnado.

O seu proxecto educativo combina métodos tradicionais coa aprendizaxe por proxectos, favorecendo o desenvolvemento de competencias de xeito global. A iso súmase unha variada oferta de actividades complementarias, como deportes, obradoiros culturais e programas de intercambio internacional. Todo iso enmárcase nunha sólida formación en valores, centrada no respecto, a cooperación, a honestidade e o compromiso social.

Durante a xornada, os asistentes puideron visitar distintos espazos do centro, como a biblioteca ou os laboratorios, onde o profesorado explicou de primeira man o funcionamento das actividades. Tamén se deron a coñecer os programas de idiomas, as metodoloxías personalizadas e os sistemas de orientación académica.

Educar para o futuro

Máis aló de mostrar as súas instalacións, a xornada permitiu descubrir a esencia do colexio: un lugar onde aprender vai da man do acompañamento, a motivación e o descubrimento persoal.

O ambiente vivido durante o evento reflectiu unha idea clara: cada alumno é único e recibe unha atención individualizada que potencia as súas capacidades. O centro preséntase así como unha comunidade educativa na que a aprendizaxe é dinámico, os valores transmítense co exemplo e cada xornada convértese nunha oportunidade para crecer.

Deste xeito, o Colexio Seminario Menor A Asunción defínese non só como un espazo formativo, senón como unha contorna que inspira, motiva e prepara aos estudantes para afrontar o futuro con confianza e entusiasmo.

Previous articleCáritas Diocesana pechou un fin de semana de formación e promoción do voluntariado en Santiago, A Coruña e Pontevedra
Next articleCelebración do pleno do Consello Presbiteral