O Papa Francisco convidou aos bispos de todo o mundo e aos seus sacerdotes para unirse a el na oración pola paz e na consagración e encomenda de Rusia e Ucraína ao Inmaculado Corazón de María.
Con este motivo, o arcebispo de Santiago de Compostela publicou unha Carta Pastoral convidando a todos os diocesanos a unirse ás intencións do Santo Padre na que mostra a súa preocupación polas persoas que dunha ou outra maneira están a sufrilas a guerra: “Convídovos a unirse ao papa Francisco que realizará a Consagración de Rusia e Ucraína ao Corazón Inmaculado de María”.
Este acto, que se celebrará en comuñón coas Igrexas de todo o mundo na tarde do venres 25 de marzo, terá lugar na Basílica de San Pedro de Roma durante a celebración de as”24 horas para o Señor”.
“Tamén é providencia que en España ese día, solemnidade da Anunciación, celebramos a Xornada pola vida co lema “Acoller e coidar a vida, don de Deus””, sinala D. Julián.
“A Consagración de Rusia e Ucraína que realizará o papa Francisco – continúa mons. Barrio -atopa un eco especial entre nós no Santuario das Aparicións de Pontevedra, onde a paz do mundo fíxose promesa por parte da Nai do ceo”.