O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco José Prieto Fernández asinou hoxe martes, 30 de abril de 2024, o DECRETO polo que se reorganizan os arciprestados da Diocese de Santiago de Compostela.
Neste Documento, o arcebispo indica que ao longo destes anos os arciprestados foron na Arquidiocese un medio para a coordinación e participación de todos na pastoral ordinaria e estímulo para o desenvolvemento e impulso dos plans de pastoral diocesanos. E afirma que “a Igrexa de Santiago de Compostela, no marco de todo o proceso sinodal, expúxose, como unha das súas necesidades pastorais, a renovación persoal e comunitaria que posibilite unha transformación misioneira das nosas parroquias e comunidades que nos leve a entender a responsabilidade como corresponsabilidade, pasando do único liderado sacerdotal a un liderado compartido, xerando equipos pastorais formados por sacerdotes, diáconos, relixiosos e laicos, que asuman o acompañamento e animación pastoral das comunidades en clave misioneira”.
Neste sentido, mons Prieto afirma que esta remodelación leva a cabo “@teniendo en cuenta os cambios demográficos, sociais e pastorais dalgunhas parroquias e, por conseguinte, dos arciprestados, así como a vontade de atender convenientemente ás necesidades pastorais das parroquias, viuse a necesidade de proceder á reestruturación dos arciprestados”. E engade: “o noso desexo é que unha nova reestruturación dos arciprestados axude á coordinación da acción pastoral e presten un mellor servizo á misión evanxelizadora da Igrexa”.