Confirmacións en Santa María de Adina

A parroquia de Santa María de Adina, en Portonovo, acolleu hoxe venres 26 de xuño a celebración do sacramento da Confirmación, nunha xornada de especial significado para a comunidade parroquial de Sanxenxo. A celebración estivo presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto Fernández, quen acompañou a mocidade que recibiron o don do Espírito Santo neste paso importante dentro da súa vida cristiá.

A cerimonia reuniu aos confirmandos xunto ás súas familias, padriños, madriñas, catequistas e membros da comunidade parroquial, que participaron nunha celebración marcada pola alegría e a acción de grazas.

 

Previous articleCáritas Diocesana de Santiago súmase á resposta solidaria de Cáritas Española con Venezuela
Next articleRANSFORMA 2026 afonda no liderado, a unidade e a santidade na súa segunda xornada