A parroquia de Ares acolleu este venres 15 de maio, ás 19.00 horas, a celebración do sacramento da Confirmación nunha solemne Eucaristía presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco José Prieto Fernández.
Os mozos confirmandos culminaron así a súa etapa de preparación catequética acompañados polas súas familias, padriños, catequistas e numerosos fieis das parroquias da zona, nunha celebración marcada polo agradecemento, a reflexión e o compromiso cristián.
Na súa homilía, o arcebispo lembrou aos confirmandos que “Deus volve confiar en vós”, insistindo en que o Señor non espera “persoas perfectas”, senón mocidade sincera, comprometidos e abertos a vivir a fe con autenticidade.
Do mesmo xeito, invitou aos recentemente confirmados a dar testemuño cristián desde a alegría, a proximidade e a verdade, evitando caer na indiferenza ou o individualismo: “O Evanxeo necesita facerse vida en cada persoa”.












