Inaugurada en Santiago a exposición “Culto e cultura xacobea no Barbanza e Sar”, unha mirada ás orixes do Camiño

Este xoves 14 de maio inaugurouse na sala de exposicións do Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela, a mostra titulada Culto e cultura xacobea non Barbanza e Sar. Trátase dunha iniciativa de carácter divulgativo impulsada pola Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e Sar. A Orixe.
O acto contou coa presenza do arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, alén doutras autoridades e representantes institucionais, culturais e a representantes vinculados ao proxecto cultural e xacobeo.
A exposición está comisariada por Antonio González Millán e reúne unha colección de instantáneas do fotógrafo Adolfo Enríquez. As imaxes conforman un percorrido visual polo roteiro xacobeo coñecido como “A Orixe”, un proxecto no que o colectivo traballa desde 2017 co obxectivo de identificar, recuperar e mellorar o antigo Camino de Santiago na península do Barbanza.

O itinerario atravesa os municipios de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro e Padrón, onde enlaza en Iria Flavia co trazado do Camino de Santiago.
O roteiro “A Orixe” fai referencia ás orixes do Camino de Santiago e á tradición da chegada dos restos do Apóstolo Santiago desde Palestina por vía marítima, a través da Ría de Arousa e os ríos Ulla e Sar, nun itinerario simbólico coñecido como a “Traslatio”.
A exposición permanecerá aberta ao público ata o mes de outubro, consolidándose como unha proposta cultural que busca difundir a dimensión histórica, espiritual e patrimonial do Camino de Santiago na comarca do Barbanza e Sar.
Previous articleO Arciprestado do Salnés acolle un novo encontro pastoral presidido polo arcebispo de Santiago
Next articleConfirmacións en Ares