- Javier García destaca o traballo progresivo da Delegación de Primeiro Anuncio desde a súa creación hai dous anos.
- A nova estrutura diocesana reúne Cursiños, Camiño Neocatecumenal, Alpha e diversas experiencias de evanxelización.
- A xornada, na Casa de Exercicios de Santiago, incluíu oración, dinámica participativa e a presentación do encuentro “Transforma”.
Esta mañá, na Casa de Exercicios de Santiago de Compostela, constituíuse de forma oficial a Coordinadora Diocesana de Primeiro Anuncio, unha iniciativa impulsada pola Delegación para o Anuncio da Diocese de Santiago, cuxo delegado é Javier García, e que ten como obxectivo coordinar e fortalecer as distintas iniciativas de evangelización presentes na Diocese. A sesión estivo presidida polo vigairo de Pastoral, Javier Porro Martínez.
A delegación, creada hai dous anos, veu traballando desde entón cun pequeno equipo que, segundo explicou o seu delegado, foi “dando pasos” e consolidando distintas experiencias ata chegar ao momento de constituír esta nova coordinadora.
Representación de movementos, retiros e métodos de evangelización.
A coordinadora está integrada por representantes e responsables de diversos movementos eclesiais, métodos de primeiro anuncio e proxectos pastorais que actualmente desenvolven a súa actividade na diocese compostelá.
Entre os participantes estiveron presentes membros de Cursos de Cristiandade, Camiño Neocatecumenal e Renovación Carismática Católica, todos eles vinculados a experiencias de primeiro anuncio e catequese kerigmáticas. Tamén participaron responsables de retiros e encontros como Emaús Homes, Emaús Mulleres, Effetá e Bartimeo, iniciativas implantadas xa en parroquias de cidades como A Coruña, Pontevedra e Santiago.
Así mesmo, a xornada contou con representantes de distintos proxectos Alpha, entre eles Alpha universitario da Coruña e Santiago, Alpha School diocesano e Alpha para adultos desenvolvido en San Fernando e na UPA de Riazor, na Coruña.
A comunidade Pedras Vivas, dedicada á evangelización a través da arte, tamén estivo representada, xunto a propostas dirixidas a matrimonios como Proxecto Amor Conxuxal e a experiencia “Escapada XA3” de Equipos da nosa Señora. A iso sumouse a presenza de Acción Católica Xeneral, cuxa presidenta presentou o proxecto “4.40”, un itinerario de encontro e acompañamento cristián dirixido a grupos de vida.
Unha xornada de oración, reflexión e programación pastoral
A xornada comezou cun momento de oración compartida, centrado na reflexión sobre a evangelización, a conversión pastoral e a renovación eclesial. Posteriormente, os asistentes participaron nun espazo de presentacións privados e de proxectos, que permitiu visibilizar o traballo que xa se desenvolve en distintos ámbitos da diocese.
Un dos momentos máis participativos foi a dinámica denominada “mapa humano”, un exercicio grupal no que os asistentes respondían e posicionábanse ante cuestións relacionadas coa realidade da Igrexa, o mundo e a evangelización, compartindo impresións e experiencias nun ambiente distendido.
A segunda parte do encontro estivo dedicada á planificación do próximo curso pastoral. Durante a sesión elaborouse o calendario de actividades e presentouse o encontro “Transforma”, que se celebrará en Santiago entre os días 25 e 28 de xuño e en cuxa organización participa activamente a Delegación de Primeiro Anuncio.
Ademais, deuse a coñecer a nova páxina web da delegación, así como as súas canles de comunicación dixital, entre eles unha canle de difusión de WhatsApp e o perfil de Instagram “Primeiro Anuncio Compostela” , co obxectivo de fortalecer a comunicación e o acompañamento das distintas iniciativas evanxelizadoras da Diocese.
- Páxina Web: https://primeranuncio.archicompostela.es/
- Instagram: https://www.instagram.com/primeranuncio.compostela/
- Canal de WhatsApp: https://whatsapp.com/channel/0029VbCSahVHbFVCy1QlxC0G












