- O prazo de matrícula segue aberto ata mediados de outubro
Comezou o curso académico 2026-2027 no Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas. Os alumnos foron recibidos na aula Magna polo director do centro, o franciscano Miguel da Mata Merayo, quen lles deu a benvida, desexoulles un bo ano e exhortounos a aproveitar ao máximo este tempo de formación teolóxica e humanística. As clases terminarán o xoves 27 de maio e as sesións desenvólvense os martes e xoves de 19H a 20;15H.
Este ano o ISCCR oferta os tres cursos do Bacharelato en Ciencias Relixiosas (180 créditos) e primeiro do Bienio, un ciclo formativo de 120 créditos que permite obter o título de Licenciado en Ciencias Relixiosas e que desenvolve materias específicas do ámbito da Cultura Actual e Evanxelización. Co primeiro de bienio terminado (240 ECTS), o alumno pode solicitar ao ministerio de Educación o recoñecemento do Grao en *Çiencias Relixiosas (Real Decreto 619/2011 e Real Decreto 477/2013).
O ISCCR ofrece tamén, en réxime semipresencial, os cursos para a formación e acreditación dos candidatos a profesores de Relixión nos centros públicos e privados, a DECA (18 créditos que se realizan nun curso académico).
O prazo de matrícula seguirá aberto ata mediados de outubro.












