A Igrexa aborda os novos retos na protección de menores ante o avance da intelixencia artificial

As Oficinas de Protección de Menores da Igrexa celebraron os días 18 e 19 de setembro o seu IX Encontro, que nesta edición leva por título «O abuso de menores entre a Intelixencia artificial e a realidade«.

O Servizo Diocesano de Atención a Vítimas participou neste encontro.

Nas xornadas abordáronse os novos escenarios de risco para os menores, nas contornas de redes sociais e dixitais. Un momento do encontro estivo dedicado á escoita dunha vítima que ofreceu o seu testemuño e unha reflexión acerca do papel que xogan as institucións.

 

Previous articleConfirmacións na Parroquia de San Tomé de Piñeiro
Next articleComeza o curso no ISCCR