No encontro, os delegados episcopais coordinaron as actividades previstas por cada delegación para os próximos meses. Neste sentido, acordáronse as datas para os próximos retiros diocesanos: Advento, Nadal e Coresma de 2027.
Tamén se analizaron posibles iniciativas conxuntas para o próximo Ano Santo Compostelán.
Á reunión asistiron os delegados episcopais para o Laicado, Alfredo Losada, para as Misións, Fátima Noya, para a Pastoral Penal, Yolanda Sánchez, para a Familia e a Vida, Ana María Robles e Antonio Gutiérrez, e o director do Departamento para a Causa dos Santos, Carlos Miramontes.






