Cincuenta anos do colexio fisterrán Nosa Señora do Carme

  • O centro conmemorou o medio século da chegada dos seus administradores, os Irmáns da Sagrada Familia.

O colexio A Nosa Señora do Carme de Fisterra celebrou hoxe sábado o seu 50º aniversario, medio século desde a chegada dos seus administradores, os Irmáns da Sacra Familia, que se uniron no seu día ao proxecto do seu fundador, o sacerdote Luciano Moreira.

O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presidiu unha Eucaristía ás 12.30 horas na Iglesia fisterrá. Ao seu termo, todos os asistentes pasaron polo centro para visitar unha exposición conmemorativa: máis de 700 fotos, orlas de todas as xeracións e outras sorpresas. O alumnado participou da efeméride con actividades ao longo desta semana ou o pintado de pequenos murais no salón de actos.

Previous articleEncontro de Catequistas de Inicio de Curso
Next articleMons. Francisco Prieto preside la Eucaristía de inicio do curso catequético.