Encontro de Catequistas de Inicio de Curso

O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, participou estamañá, nos salóns da Igrexa Parroquial de san Xosé de Milladoiro, no primeiro dos Foros que realiza a delegación de Catequese coa editorial PPC. Un ámbito de diálogo e intercambio de experiencias ao redor de temas da vida da Igrexa e da fe no mundo actual organizados pola homóloga editorial.
Durante a mesa redonda participaron tamén Miguel López Varela, Delegado de Catequese; Francisco Javier Navarro, director do editorial PPC; Francisco Enríquez, do equipo da Delegación de Catequese de Ourense; Sonia Saín, catequista, pedagoga e especialista en discapacidade; e Rosa Abad, Ministra instituída de catequese da Arquidiocese de Madrid.
Aproveitando tal circunstancia, e baixo o lema “Catequistas para servir”, a convocatoria estivo aberta a todos os que realizan o digno servizo da catequese para a evanxelización e desexen participar: catequistas, párrocos, diáconos, relixiosas e relixiosos.
Nesta ocasión a temática xirou ao redor de dúas novidades: por unha banda, a nova catequese que expón o actual Directorio para a catequese (2020); e, por outra banda, os novos catequistas instituídos e a súa achega para a promoción e renovación da catequese.

 

Previous articleMons. Francisco Prieto presidiu a primeira reunión do Consello Episcopal
Next articleCincuenta anos do colexio fisterrán Nosa Señora do Carme