Mons. Francisco Prieto preside la Eucaristía de inicio do curso catequético.

Hoxe, domingo 01 de outubro, tivo lugar a celebración Eucarística na parroquia de Santa Uxía, en Ribeira, ás 10:00h, coa cal se comeza o novo curso de catequese 2023-2024 en toda a Diocese. A celebración foi presidida polo Arcebispo de Santiago, mons. Francisco José Prieto Fernández e retransmitida pola Televisión de Galicia (TVG).
Na celebración, na que participaron varios sacerdotes da zona e o Delegado de Catequese da Diocese Miguel López Varela, realizouse o envío dun grupo de catequistas, que representaron a todos os catequistas da Diocese, que con tanta xenerosidade entregan a súa persoa e o seu tempo no acompañamento e educación da fe de moitos nenos, adolescentes e mocidade. O signo que se lles entregou é a axenda diocesana do catequista, xa que nela está explícito o plan de traballo do curso 2023-2024.

Previous articleCincuenta anos do colexio fisterrán Nosa Señora do Carme
Next articleConfirmacións na Parroquia de San Pedro de Coucieiro