Acollendo a iniciativa da Conferencia Episcopal Española, a arquidiocese de Santiago de Compostela anima a todos os fieis a permanecer unidos na oración polo pronto restablecemento do Papa Francisco. Desta forma, convida a que, nas Eucaristías deste domingo, e mentres continúe a súa situación delicada de saúde, fágase unha petición expresa pola saúde do Santo Padre.
Ao mesmo tempo convida a unirse a esta oración a todos os crentes doutras confesións.