Xubileo dos Cregos de Galicia nos Milagres

Máis de 150 cregos de toda Galicia, así como os Bispos das cinco Dioceses Galegas, se reunían esta mañá no Santuario dos Milagres, na Diocese de Ourense, participando así na peregrinación do clero no marco do Ano Xubilar 2025, coincidindo coa festa do seu patrón, San Xoán de Ávila.

Contouse tamén coa presenza nesta celebración do Arcebispo emérito de Pamplona e Tudela, Monseñor Francisco Pérez González, quen guiou co seu testemuño a catequese inicial que deu paso, a media mañá, á Celebración Penitencial e, ás 13:00 horas, a Concelebración Eucarística. Nesta xornada os sacerdotes fixeron profesión da súa fe e rezaron, de xeito especial, polo Papa Francisco e polo novo Pontífice, León XIV.

Previous articleArroupa-Moda Re, impulsada por Cáritas Diocesana de Santiago, consegue o recoñecemento “Premio Solidarios Grupo Social ONCE Galicia 2025” na categoría de empresa
Next articleSantiago acollerá a presentación da Memoria de Actividades da Igrexa en Galicia 2023