O próximo 7 de maio, o Seminario Maior Interdiocesano Apóstolo Santiago acollerá unha Vixilia de Oración polas Vocacións.
A xornada comezará ás 20:00 horas coa celebración da Santa Misa, seguida dun tempo de adoración ao Santísimo Sacramento de 20:30 a 21:30 horas. Ao finalizar, os asistentes compartirán unha cea fraterna.
Baixo o lema evanxélico: “Rogade ao Dono da seara que envíe obreiros á súa seara” (Mt 9,38), esta vixilia enmárcase dentro dos actos convocados con motivo da Xornada Mundial de Oración polas Vocacións, convidando a toda a comunidade a interceder por quen sentiu —ou están discernindo— a chamada ao ministerio sacerdotal ou á vida consagrada.