Solemnidade do Apóstolo Santiago

Solemnidad del Apóstol Santiago. 25 de julio, 10:30 h

O Sr. Arcebispo de Santiago, Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Francisco José Prieto, preside a celebración litúrxica da Solemnidade do Apóstolo Santiago, durante a cal se presenta a Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago. Nesta ocasión, o Delegado rexio será D. Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia.
A partir das 10:00 h, na praza do Obradoiro, cerimonia civil de recibimento ao Delegado Rexio. Pase de revista ás tropas presentes. A esa mesma hora inicia a procesión do Padroado, que sae pola porta de Praterías da catedral para encamiñarse cara á praza do Obradoiro. Pórtase a imaxe relicario do Apóstolo Santiago, coñecido como “Santiago Coquatrix”.
Ás 10:20 h, na praza do Obradoiro, saúdo entre o Arcebispo e o Delegado Rexio, que se incorpora á procesión litúrxica, que accede á Catedral, atravesando o Pórtico da Gloria, mentres soan as chirimías.
A continuación, o coro entoa o himno “Iocumdetur et Laetetur”, do Códice Calixtino. O cantor finaliza co “Gloria Patri”. A continuación, soa o órgano (Preludio en Re, de Manuel Cela) mentres a procesión encamíñase cara ao altar.
Ao chegar ao corredor que hai no medio da nave, os portadores da imaxe do Apóstolo sitúanse ao carón, mentres os compoñentes da procesión van pasando de dous en dous ante ela e fanlle reverencia, dirixíndose logo cara ao altar. As autoridades e o Delegado Rexio, acompañados pola Comisión Capitular, ocupan os lugares preparados para eles.
O Arcebispo incensa o altar e sitúase na Sede. Comeza a Misa Solemne.
Previous articleVesperas Solemnes | Apóstolo Santiago
Next articleReunión dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago