Reunión dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago

Como vén sendo habitual na véspera da Solemnidade do Apóstolo Santiago, o arcebispo compostelán, monseñor Francisco José Prieto Fernández, presidiu hoxe a reunión dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago.

Estiveron presentes o bispo de Tui-Vigo, monseñor Luís Quinteiro Fiuza; o de Lugo, monseñor, Alfonso Carrasco Rouco; o bispo de Ourense, monseñor José Leonardo Lemos Montanet; e o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos.

No encontro, celebrado no Arcebispado compostelán, tratáronse asuntos de interese común para as dioceses galegas. Tamén asistiu o secretario da Provincia Eclesiástica de Santiago, o sacerdote José Andrés Fernández Farto.

 

Previous articleSolemnidade do Apóstolo Santiago
Next articleFuneral en memoria das vítimas do accidente ferroviario de Angrois