Nun ambiente de alegría e fraternidade, as comunidades parroquiais de Marantes, Berdía, Nemenzo, César e Budiño reuníronse no Santuario de Santa María Madalena, pertencente á parroquia de Santa María de Castrofeito, para celebrar a solemnidade da Ascensión do Señor e render unha emotiva homenaxe a Don Javier Posse Bouzas.
A Eucaristía estivo presidida polo vigairo territorial de Santiago, Don Juan González-Redondo, acompañado por Don Manuel Botana, párroco emérito de Lavacolla, así como por Don Jhonny Delgado e Don Randall Pinto, párrocos de Budiño e César, pertencentes á UPA Castrofeito-Oines.
Durante a súa homilía, Don Juan destacou a fecunda misión pastoral de Don Javier, recoñecendo como, a través do seu ministerio, achegou a moitas persoas ao Señor, deixando unha pegada indeleble no corazón de quen tivo a oportunidade de coñecelo. Así mesmo, subliñou non só a súa entrega como sacerdote, senón tamén a súa proximidade e sinxeleza como veciño e amigo. En nome de la Iglesia compostelá, expresou ademais o agradecemento polos anos de dedicación e servizo prestados nas parroquias que lle foron confiadas.
Ao acto asistiron tamén os alcaldes do Pino e Oroso, así como representantes do Concello de Santiago de Compostela, quen quixo acompañar este recoñecemento á traxectoria pastoral e humana de Don Javier.
Ao finalizar a celebración, agradeceuse igualmente a Don Jhonny Delgado e Don Randall Pinto por promover, xunto ás comunidades parroquiais, estes espazos de gratitude cara a quen entregou a súa vida ao servizo da Vila de Deus.
A xornada concluíu cunha acción de grazas ao Señor polo testemuño, a entrega e a fidelidade deste querido ministro da Igrexa.













