Hoxe, martes 14 de outubro de 2025, a Aula Magna da Hospedería San Martiño Pinario acolleu unha nova reunión do Consello de Presbiterio presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco Prieto.
O encontro contou coa asistencia da case totalidade dos conselleiros, sacerdotes, representantes das institucións e dos arciprestados da Igrexa compostelá, así como do Vigairo Xeral, D. José Andrés Fernández Farto, o Vigairo de Pastoral, D. Javier Porro Martínez, e dos vigairos territoriais.












