Hoxe mércores, 27 de xullo, os ecónomos das Dioceses de Galicia mantiveron unha reunión de traballo na que trataron temas que afectan á sustentabilidade e á corresponsabilidade, así como a revisión dun ano de experiencia da aplicación de exequias, a situación económica actual, e fixéronse propostas de coordinación a nivel económico da Provincia Eclesiástica.
Ao longo da xornada os participantes reuníronse tamén co bispo auxiliar de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto.