Presentación da rehabilitación do Pavillón Historicista do Mosteiro de San Martiño Pinario

A rehabilitación do Pavillón Historicista do Mosteiro de San Martiño Pinario foi posible grazas á colaboración do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible do Goberno de España, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, e do Arcebispado de Santiago de Compostela.

No acto de presentación, que tivo lugar esta mañá ás 11:00hs en Pavillón Historicista, participaron a Directora Xeral de Patrimonio  Cultural da Xunta de Galicia, Mª del Carmen Martínez Insua; O Delegado do Goberno en Galicia,  Pedro Blanco Lobeiras; e o o Arcebispo de Santiago, Mons. Francisco José Prieto.

A orixe do Pavillón

Existen varias hipóteses sobre os motivos da construción do Pavillón. Este construíuse durante o funcionamento do Seminario Maior no século XIX. Debido ás relacións e compromisos con institucións de Santiago de Compostela presumiblemente co Programa de Exposicións Rexionais de 1858 e/o 1909, pois hai noticias da colaboración dos espazos de San Martiño Pinario.

EI programa da exposición regulaba os produtos elixibles para o concurso, e sábese que o claustro procesional do mosteiro considerouse apropiado para parte da sección cultural. Neste contexto, o Pavillón, estaba ao dispor de ser utilizado para as Exposicións e como espazo complementario para os usos do Seminario en etapas posteriores. Os valores, históricos continuaron enmarcados naquel momento coa construción do Pavillón, co desexo de ofrecer o inmoble, a súa singularidade e o seu percorrido histórico, así como as súas características de uso, artísticas e arquitectónicas, participando activamente do feito social das Exposicións Rexionais.

 

Estado previo do Pavillón

O estado previo, antes da súa restauración-rehabilitación, estivo marcado pola inercia final do seu uso para actividades prácticas de cantería, almacenaxe e uns espazos dedicados a un taller de carpintería.

A primeira metade do Pavillón, cara ao norte, estaba aberta a un espazo que facía de depósito ou almacén e outras veces de “obradoiro” de cantería, a fachada oeste estaba velada cunha celosía de ramas vexetais cunha lixeira subestructura, apoiada na estrutura de ferro fundido orixinal.

A continuación, cara ao sur, o Pavillón atopábase tapiado con fábrica de albañilería, cun espazo de almacenamento e seguido dunha área dividida en dúas plantas que foi utilizado como carpintería. Xa fóra do volume orixinal, atopábanse dúas construcións anexas.

Estes aspectos, distraer das medidas de protección cultural do antigo Pavillón Historicista.

O proxecto

O proxecto enfocou a rehabilitación-restauración do Pavillón Historicista para albergar de novo o seu goce cultural, desde tres valores fundamentais actuais (sustentabilidade, estética e inclusión) e asumindo os retos do Pacto Verde Europeo.

A proposta de actuación no Pavillón recupera a arquitectura propia desta tipoloxía construtiva, liberando os espazos ocupados, poñendo en valor a linguaxe arquitectónica que combinaba a versatilidade dun espazo diáfano co emprego dun estilo enlazado coa tendencia europea da época.

Para iso, consolidouse a estrutura existente de ferro fundido e de cerchas de madeira e repúxose, onde faltaban, o volume orixinal das columnas e o plano capaz das súas ménsulas (aceiro laminado), así como a estrutura de cerchas de madeira e a cuberta metálica. O espazo rehabilitado péchase cunha carpintería de madeira, atrasada da fachada principal, liberando e permitindo ler a continuidade da estrutura de fundición. Un cerramento diáfano composto por unha celosía de madeira, colocada de maneira selectiva nos marcos da carpintería, permitirá o control lumínico e térmico no interior. Esta carpintería, que pecha o espazo, non ocupa toda a lonxitude do Pavillón, senón que se atrasa unha renxía, formando un pequeno atrio de entrada que permite percibir o volume total do mesmo e ser a recepción de visitantes no exterior.

Para dotar ao espazo dunha maior capacidade expositiva, realizouse unha entreplanta, atrasada da fachada principal, coa intención de poder comprender e diferenciar a estrutura espacial orixinal, marcada polo ritmo de piares e cerchas. Os materiais dunha e outra dialogan entre si, sendo a entreplanta unha estrutura liviá, de madeira contralaminada estrutural, apoiada no muro perimetral e colgada mediante tirantes de aceiro das cerchas de madeira.

Investimento e espazo

O investimento desta obra, que ascende a 1.337.727,58, foi financiada polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible do Goberno de España, con cargo aos Plans e Programas para a conservación do Patrimonio Arquitectónico e Histórico “1,5% Cultural” na súa convocatoria de 2019, pola  Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia a través dun convenio, e polo Arcebispado de Santiago de Compostela.

A intervención autorizada pon ao dispor dos usos culturais 765 m2, contados entre a planta baixa e a entreplanta.

 

Previous articleDECRETO de constitución do novo Consello Diocesano de Asuntos Económicos
Next articleA soidade, un  reto social