Esta mañá, o Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago presentou a unha nova edición facsímile do Códice Calixtino, realizada durante os últimos meses pola empresa especializada Incipit Manuscript Edicións, e que xa está dispoñible. Trátase dunha edición limitada de 500 exemplares, que foi desenvolvida seguindo un proceso meticuloso de reprodución do orixinal, a partir dunha completa sesión fotográfica de alta resolución e un profundo traballo de axuste cromático, directamente ante o orixinal, para alcanzar a máxima fidelidade na reprodución.
O acto de presentación contou coa presenza do Arcebispo de Santiago, Monseñor Francisco Prieto, quen destacou a calidade da reprodución, así como a importancia da difusión do contido do propio Códice, cheo de conceptos relacionados cos valores universais que contén a peregrinación xacobea e que, do mesmo xeito que os descritos neste manuscrito do século XII, continúan vixentes hoxe en día. Ademais, anunciou que o exemplar do facsímile numerado co número 1 será entregado ao Papa León XIV.
Tamén estiveron presentes o cóengo arquiveiro, Don Francisco Buide, e o editor Joaquín González Villamor.












