Os tres seminaristas que serán ordenados sacerdotes este próximo domingo na Catedral ultiman a súa preparación

  • O bispo auxiliar presidiu hoxe o acto no que os futuros presbíteros fan profesión de fe e das súas promesas sacerdotais

O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio, presidirá este próximo domingo día 4 de xullo a solemne Eucaristía na que serán ordenados sacerdotes Carlos Camiño Lema, natural de Cambeda; Javier Carballo Mouzo, de Vimianzo; e Juan Sanjurjo Arias, natural de Arteixo. A cerimonia terá lugar a partir das 18:00 horas na Catedral de Santiago. Ao longo destas últimas semanas, o Seminario Maior estivo ultimando os preparativos das Sagradas Ordes que recibirán os candidatos. Hoxe, xoves, o bispo auxiliar, monseñor Francisco José Prieto Fernández, presidiu o xuramento dos candidatos, un acto no que os futuros sacerdotes fan profesión de fe e das súas promesas sacerdotais, requisito previo á súa ordenación. Estivo presente o reitor do Seminario Maior, Carlos Álvarez, acompañado polo director espiritual, Ricardo Vázquez Freire, e polo formador José Luis Ramos. Este venres haberá en Vimianzo unha vixilia de oración polos futuros sacerdotes.

 

Previous articleO bispo auxiliar preside unha nova reunión da Comisión Diocesana do Ano Santo Compostelán
Next articleMons. Julián Barrio: “Santiago ofrece el inmenso regalo de la gran perdonanza”