O bispo auxiliar, monseñor Prieto Fernández, na Comisión do Ano Santo

O bispo auxiliar, monseñor Francisco José Prieto Fernández, incorporouse hoxe ás reunións de traballo da Comisión do Ano Santo, presidindo a sesión por primeira vez desde a súa consagración episcopal o pasado día 10 de abril. Ao longo do encontro os membros da Comisión do Ano Santo examinaron as distintas iniciativas diocesanas para celebrar o Ano Xubilar, difundir o sentido espiritual da peregrinación e reforzar a acollida cristiá aos peregrinos que chegan ao sepulcro do Apóstolo, tendo en conta as peculiaridades da actual situación derivada da pandemia do COVID 19.

Previous articleMonseñor Barrio: “O Camiño de Santiago acolle a todos os que presenten a voz de Deus, aínda que moitas veces non sexan conscientes de iso”
Next articleO arcebispo presidirá mañá unha Misa de Acción de Grazas polo Venerable fundador das relixiosas da Catedral