Ás 11:40hs. iniciábase a procesión do Cabido catedralicio ata o Altar Maior onde ás 12:00hs. D. Julián acompañado por numerosos cóengos daba comenzo á Misa estacional do Nadal.
O Cerimonial dos Bispos sinala que a Misa Estacional é “a principal manifestación da Igrexa local ao celebrar o bispo a Eucaristía na catedral «rodeado polo seu presbiterio e os ministros, con plena e activa participación de todo o pobo santo de Deus”, (artigo 119 do Cerimonial dos Bispos). O Cerimonial tamén indica que esta forma de celebrar a Misa debe asignarse ás maiores solemnidades do ano litúrgico, como a Natividade do Señor.
Na súa homilía sinalou como “ante un neno recentemente nado, alégrasenos a alma porque descubrimos como se renova a confianza de Deus no home” e como debemos celebrar que Deus se fixo home por nós para acompañarnos nestas circunstancias en que vivimos”. Afirmou tamén que “Vivir o Nadal é recuperar a forza para afrontar os problemas da vida diaria, persoal, familiar, laboral, política e social, como fillos de Deus”
“Nadal -recordou-é a manifestación do misterio do amor de Deus cara a nós, revelando que o Fillo de Deus non quere dominar a historia desde posicións de poder, senón que a quere habitar na sinxeleza dunha familia pobre; non quere utilizar tácticas de forza, senón buscar a concordia lonxe de toda violencia.”
Nas súas palabras sintetizou como ese Deus-connosco fíxose verdadeiro home cun corazón humano, que se emociona, se compadece e sofre como todos os demais homes pero que nos ensina que “o camiño da felicidade pasa pola austeridade, o da paz pola xustiza, o da abundancia pola solidariedade, o da salvación polo amor. O Fillo de Deus fíxose home para redimir todas as situacións humanas: as alegrías, e as tristezas; os éxitos e os fracasos; a saúde desbordante e a enfermidade; os momentos de plenitude radiante e os instantes de dúbidas e perplexidades. Coidemos que a luz de Belén non se apague polos ventos xélidos da indiferenza relixiosa”.
Mons. Barrio rematou a súa reflexión invitando a que “contaxiemos o espírito do Nadal” aos nosos irmáns crecendo nós mesmos en Santidade.












