Na medianoite de onte, 24 de decembro, tivo lugar na Catedral Compostelá, a Misa de Noiteboa, tamén coñecida como a tradicional “Misa do galo”. Esta foi presidida polo arcebispo D. Julián Barrio que, á súa vez, estivo acompañado por membros do cabido catedralicio, así como dun bo número de fieis que celebraron, nun ambiente de festa, con gozo e alegría, a solemnidade da Natividade, é dicir, do nacemento do noso Señor Xesucristo.
As grandes solemnidades están remarcadas, precisamente, pola liturxia que a Igrexa compuxo para celebralas. Para Nadal hai catro misas e en todas se presenta o Misterio do Nadal desde ángulos diferentes e utilizando textos bíblicos distintos.
A Misa da Medianoite enfócase no momento do Nacemento, o momento no que a Virxe María dun modo tan misterioso e tan silandeiro dá a luz virxinalmente o Salvador.
O Sr. arzobispo na súa homilía sinalou que “Nesta Noite Santa sentimos fondamente a misericordia e o amor de Deus ao contemplar o Neno Deus cos ollos do noso corazón” e que “Só a adoración é a porta para entrar neste misterio da man de María”.
Cos textos evanxélicos recordou o sucedido hai máis de dous milenios cando “a humanidade esperaba arelante este acontecemento. Pero na pousada non houbo sitio para o Neno Deus” e como hoxe repítese a historia en nós: “Cantas veces Deus chama ás portas do noso corazón nas persoas necesitadas da nosa palabra, do noso afecto, da nosa axuda! Pero non hai resposta!”
Don Julián exhortou os presentes a facer “un lugar a Deus no noso corazón, na nosa familia e na nosa convivencia social e a Proclamar o amor de Deus en cada xesto da nosa vida.
Don Julián exhortó a los presentes a hacer “un lugar a Dios en nuestro corazón, en nuestra familia y en nuestra convivencia social y a Proclamar el amor de Dios en cada gesto de nuestra vida.