O arcebispo de Santiago de Compostela unirase á oración do Papa na consagración de Ucraína e Rusia ao Inmaculado Corazón de María

Mons. Julián Barrio sumarase este venres, 25 de marzo, á Consagración de Rusia e Ucraína ao Corazón Inmaculado de María, convocada polo Papa Francisco, coincidindo coa solemnidade da Anunciación do Señor. O acto desenvolverase na Basílica de San Pedro ao redor das 18:30 hs, no contexto dunha Celebración da Penitencia que comezará ás 17:00 hs. e será presidida polo Santo Pai.
Ao mesmo tempo, o arcebispo de Santiago unirase a este acto de consagración durante a Eucaristía, que presidirá na Catedral compostelá ás 17:00 hs. con motivo do Xubileu das parroquias dos Arciprestados de Pruzos e Bezoucos.
Este venres tamén ten lugar na Igrexa unha dobre xornada: por unha banda, unha vixilia de oración e reconciliación, as “24 horas polo Señor”; e por outra banda, a Celebración “Acoller e coidar a vida, don de Deus”.
Carta Pastoral de mons. Julián Barrio na Consagración de Rusia e Ucraína ao Corazón Inmaculado de María, 25 de marzo de 2022

 

Previous articleMons. Barrio participou na inauguración do XII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos
Next articleMons. Julián Barrio participou nun encontro coas familias