“Nesta Noite Santa percibimos a misericordia, a condescendencia e o amor de Deus connosco ao achegarnos ao portal de Belén con sinxeleza e con admiración para contemplar ao Neno Deus cos ollos do noso corazón no silencio da noite. Adoremos a Palabra feita carne”. Así se expresaba o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, na súa homilía da Misa do Galo. Unha cerimonia que tivo lugar na Catedral compostelá, na que estivo acompañado por membros do cabido catedralicio, así como dun bo número de fieis que celebraron, nun ambiente de festa, con gozo e alegría, a solemnidade da Natividade, é dicir, do nacemento do noso Señor Xesucristo.












