Mons. Julián Barrio asiste á presentación da "Biblia en galego"

Esta semana presentouse no Instituto Teolóxico Compostelán a cuarta edición da Biblia en galego, unha obra supervisada polo deán da Catedral de Santiago, José Fernández Lago, gran especialista nas Sacras Escrituras.

Ao acto asistiu o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, acompañado polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e Francisco Domínguez Martínez, presidente da editorial SEPT.

Esta obra é froito de anos e anos de traballo, xa que desde 1989, cando foi promovida e editada pola editorial Sept, ata o día de hoxe foise acentuando a súa relevancia en diferentes ámbitos, non só no relixioso, senón tamén no cultural.

 

Previous articleCarta de mons. Julián Barrio na Festa da Virxe do Carme, cun emocionado recordo aos falecidos no mar
Next articleO arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, medalla de Galicia 2022