- Xunto ao arcebispo recoñécense tamén outras persoas e asociacións que contribuíron ao auxe do Camiño de Santiago.
As Medallas de Galicia deste 2022, que se entregan a véspera do día do Apostol, van recoñecer personalidades e asociacións relacionadas co camiño de Santiago.
Así, recoñécese o labor de Discamino, unha asociación que axuda a facer o camiño a persoas con discapacidade, Begoña Valdomar, hospitalera de Fisterra, o investigador Paulo Caucci, profesor na universidade de Perugia, José Carro Otero (neste caso a título póstumo) antropólogo e primeiro comisario do Xacobeo.
Súmanse esas catro medallas á que vai recibir o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio. “Os méritos son sobrados para recoñecelo”, dicía este xoves o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.
RECOÑECEMENTOS EN ANO SANTO
A Medalla de Galicia é a máxima distinción de honra que outorga anualmente a Xunta ás persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo da Comunidade en calquera aspecto da realidade social, cultural, económica e dignos de obter o recoñecemento do pobo galego.
“As Medallas de Galicia son un premio dos galegos para os galegos”, sinalou Rueda quen explicou que con motivo o dobre Ano Santo extraordinario, nesta edición distinguíase a entidades “cunha relación directa” co Camiño.
Fonte: Cope






