Mons. Francisco Prieto: “Ser sacerdote reclama ser testemuña dunha amizde persoal, vivida e renovada constantemente, con Xesucristo"

  • Desde este domingo a Arquidiocese de Compostela conta con dous novos sacerdotes.
  • O arcebispo compostelán insistiu na especial amizade dos novos presbíteros con Xesucristo.
O arcebispo de Santiago presidiu este domingo na Catedral compostelá, a Eucaristía na que foron ordenados sacerdotes Ernesto Gómez Juanatey e Mateo Augado Domínguez. É a primeira vez que mons. Francisco Prieto administra o sacramento da Orde Sacerdotal como titular da Sede compostelá.
Na súa homilía o prelado manifestou o profundo e íntimo vínculo que supón ser chamado por Jesús e recibir, por medio da Iglesia, o don do ministerio sacerdotal: “A nosa identidade como sacerdotes acredítase na intimidade co Mestre: o mesmo Jesús, que chama aos que quere para envialos no seu nome, chámanos a compartir a súa vida, a habitar na súa casa, e asistir á súa escola de vida, unha verdadeira escola pascual que nos conduce, pola cruz, da morte á vida”.
Neste sentido, o arcebispo engadiu que “no centro da nosa vida sacerdotal está Cristo, a amizade e a paixón por El e pola causa do Reino de Deus. Só desde esta centralidade teremos credibilidade evanxelizadora, porque daremos respostas ás preguntas máis profundas do home, non coa facilidade dos argumentos, senón coa claridade e a mestría do testemuño de ser pastores segundo o corazón de Deus”.
Mons. Prieto dirixiuse aos candidatos ao presbiterado con estas palabras: “Os que hoxe ides ser ordenados presbíteros entraredes a formar parte dunha familia sacerdotal, forxada pola xenerosidade de tantos sacerdotes, conscientes das súas debilidades e sostidos pola mesma fidelidade do Señor, na que unicamente é posible a nosa”.
E engadiu: “Ides ser pastores no medio deste pobo de Deus, desta Igrexa en Santiago que vive e habita nas nosas familias, parroquias, comunidades, grupos e movementos. Non hai identidade e, por tanto, alegría de ser sacerdote, sen pertenza activa e comprometida co pobo fiel de Deus”
Unha vez acabada a homilía os próximos manifestaron o seu desexo de ser ordenados e a vontade de vivir o seu ministerio con humildade e a alma limpa para proclamar a fe segundo o Evanxeo e a Tradición da Igrexa. A continuación, os dous prometeron celibato, oración e obediencia.
O sacramento da Orde é conferido pola imposición das mans do arcebispo seguida dunha oración consecratoria solemne que pide a Deus para os ordenandos as grazas do Espíritu Santo requeridas para o seu ministerio.
Previous articleConfirmacións na Parroquia de Marín
Next articleEncuentro del arzobispo, mons. Francisco Prieto, con la alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín