Mons. Francisco Prieto preside o comité organizador do II Encontro de Empresarios Católicos

  • Ética, Ben Común e Sustentabilidade, eixes centrais do Encontro
  • O Arcebispo reuniuse no Seminario co Comité Organizador
  • Celebrarase na primavera de 2024, os dias 11 e 12 de abril
 O Comité Organizador do II Encontro de Empresarios Católicos reuniuse esta semana baixo a presidencia do Arcebispo de Santiago, D. Francisco Prieto, e a dirección do ecónomo do Arcebispado de Santiago, Fernando Barros.
Durante a reunión, avanzouse nos detalles sobre o evento, que está chamado a ser un espazo inspirador que promova os valores éticos no mundo empresarial católico e fortaleza a comunidade. Os temas tratados durante o encontro centráronse na ética, a sustentabilidade e o ben común, reflectindo así a preocupación por promover prácticas que contribúan ao crecemento dunha comunidade empresarial católica comprometida con valores que fomenten o benestar de todos.

 

Previous articleMons. Prieto une a súa voz á das entidades promotoras da iniciativa Igrexa polo traballo decente
Next articleReunión dos bispos das Provincias Eclesiásticas de Santiago e Braga en Aveiro