Mons. Prieto une a súa voz á das entidades promotoras da iniciativa Igrexa polo traballo decente

O próximo 7 de outubro, a iniciativa Iglesia polo Traballo Decente súmase, impulsa e convoca a Xornada Mundial polo Traballo Decente, xunto coa Organización Internacional do Traballo, o movemento sindical mundial e o movemento mundial de traballadores cristiáns co lema: “Un traballo decente ten que ser un traballo saudable”. A seguridade e a saúde no traballo son esenciais para o benestar e a dignidade das persoas.

or este motivo, o arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto, escribiu unha carta lembrando “que o dereito a un traballo decente ha de ser tamén un traballo saudable, pois a seguridade e a saúde laboral son esenciais para o benestar e a dignidade das persoas”. E engade: “O mundo do traballo é unha prioridade humana e, pola tanto, unha prioridade cristiá,pois ao traballar participamos na obra creadora de Deus e expresamos a dignidade de ser creados ao seu xeito. O traballo é un deber e un dereito e tamén un don de Deus que precisa ser coidado de modo integral para que sexa libre, creativo, participativo e solidario”.

Na Arquidiocese de Santiago de Compostela, terán lugar os seguintes actos, o domingo 8 de outubro:

En Santiago de Compostela, na parroquia de San Fernando, ás 20:00 eucaristía e lectura do manifesto.

Na Coruña, ás 11:15 lectura do manifesto na parroquia de San Francisco Javier, e ás 11:30 eucaristía. Tamén na parroquia do Pilar, ás 12:30 eucaristía e ao finalizar, lectura do manifesto.

 

Previous articleCelebrado o Envío dos voluntarios de Cáritas de Vilagarcía
Next articleMons. Francisco Prieto preside o comité organizador do II Encontro de Empresarios Católicos