Nos últimos días, a diocese de Santiago de Compostela viviu con alegría diversos encontros de oración, convivencia e formación misioneira, enmarcados na celebración do outubro misioneiro e a campaña do DOMUND. As vixilias de oración, preparadas con entusiasmo por parroquias e comunidades, reuniron a mocidade e adultos ao redor da Palabra e o testemuño da misión, como é o exemplo da organizada en San Vicente do Grove, na vigairía de Pontevedra. Estes espazos de comuñón e reflexión fortalecen o compromiso evanxelizador e renovan o ardor misioneiro das comunidades.
Doutra banda, profesores e alumnos dos diferentes colexios, empregaron tempo e bo facer, en coñecer a misión e os misioneiros desde a perspectiva do ensino relixioso escolar, aprendendo a ser misioneiros de esperanza desde idades temperás e coñecendo os testemuños misioneiros, que son exemplo de vida e de fe para todos.
Desde a Delegación para as Misións queremos agradecer a implicación e creatividade de todos os que fixeron posible estes días de auténtica fraternidade cristiá, e, tamén, por facernos partícipes de todo o voso traballo.
A misión non termina, continúa!
Delegación para as Misións













