María Begoña Díaz, nova Delegada de Ensino da Arquidiocese de Santiago de Compostela

A docente de Relixión María Begoña Díaz García será, desde hoxe, a nova Delegada de Ensino da Arquidiocese de Santiago de Compostela, en substitución de Luís Otero Outes, quen desenvolveu este labor durante máis de 25 anos.

A nova Delegada de Ensino valorou como un gran reto o que este nomeamento supón tanto no profesional como no laboral, e que compaxinará co seu labor como docente de Relixión no IES de Milladoiro en Ames. Begoña Díaz, ilusionada, asume a gran responsabilidade de seguir traballando da man do profesorado de Relixión, que na Diocese realiza unha indispensable tarefa na formación relixiosa, intelectual e humana do alumnado que elixe esta materia.

Nada en Ferrol, Díaz García, casada e nai de tres fillos, é Licenciada en Ciencias Químicas pola USC e graduada en Ciencias Relixiosas polo Instituto Teolóxico Compostelán. A súa experiencia como docente desenvolveuse nos últimos anos no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz-Lugo), IES Río Miño (Rábade-Lugo), IES As Insuas (Muros), IES A Guía (Vigo), IES Castelao (Vigo), IES Alexandre Bóveda (Vigo), IES Universidade Laboral (Ourense), IES Otero Pedrayo (Ourense) etc.

Previous articleToma de posesión dos novos Vigairos Episcopais da Archidiocese de Santiago de Compostela
Next articleReunión do Vigaairo Xeral cos traballadores da Curia Diocesana