Mans Unidas | Exposición de belén de Playmóbil

Hoxe luns 16 de decembro, o arcebispo de Santiago, Mons. Francisco Prieto, visitou a exposición dun belén de Playmóbil organizada por Mans Unidas de Santiago de Compostela. A exposición atópase na Rúa Alfredo Brañas, 2, e estará aberta ata o 5 de xaneiro, en horario de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas.

Esta exposición forma parte das actividades de Nadal Solidario, unha iniciativa destinada a promover a solidariedade e o espírito do Nadal. O belén, composto por miles de pezas de Playmóbil, ofrece unha recreación detallada da Natividade e outros escenarios do Nadal.

Previous articleVisita de Nadal de mons. Francisco Prieto ao Centro Penitenciario de Teixeiro
Next articleoma de posesión do novo Vigairo Episcopal de A Coruña