Hoxe luns ,16 de decembro, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco José Prieto Fernández, visitou o Centro Penal de Teixeiro para celebrar o Nadal coa comunidade penal. Á súa chegada, foi recibido polo voluntariado da Pastoral Penal e o director do centro.
Más de cen persoas, entre internos, funcionarios e voluntarios, participaron na Eucaristía, que se celebrou nun ambiente de recollemento, alegría e esperanza. Durante a celebración, D. Francisco destacou a importancia de recibir a Deus cunha mirada sinxela e un corazón aberto, tal como o fixeron os pastores ao nacer Xesús. Tamén falou da esperanza que Deus ofrece, subliñando que nunca se avergoña de ninguén e mira a todos con amor paternal.
Despois da Eucaristía, o arcebispo visitou un dos módulos onde as voluntarias da Pastoral Penal habían estado traballando nun obradoiro de adornos do Nadal. Os internos tiveron a oportunidade de compartir as súas experiencias con el.
A xornada concluíu cunha comida en homenaxe a Xaquín Campos, un sacerdote da diocese de Mondoñedo-Ferrol, que dedicou máis de 15 anos á Pastoral Penal e que agora se retira por motivos de saúde.







